Xaneiro 15, 2018

PLAY- DOC GAÑA O PREMIO DO PÚBLICO CULTURGAL 2017

O Festival Internacional de Cinema de Tui recibe o premio do público na Feira da Industrias Culturais de Galicia 2017.

A organización destacou a capacidade innovadora deste evento con proxección internacional. Unha cita anual que mostra as diversas caras do cinema de non ficción a nivel mundial cunha programación arriscada e sorprendente capaz de congregar a miles de espectadores nunha vila pequena no sur de Galicia.

GRAZAS!!