Abril 16, 2025

Play-Doc anuncia a programación da súa Competición Internacional

Fotograma de La Chambre d'ombres, de Camilo Restrepo

Fotograma de La Chambre d’ombres, de Camilo Restrepo

O Festival Internacional de Cinema Play-Doc, que celebrará a súa 21ª edición do 7 ao 11 de maio na cidade de Tui, Galicia, anuncia as películas que formarán parte da Competición Internacional desta nova entrega do certame, así como o xurado encargado de outorgar os premios.

Caracterizada, como é habitual en Play-Doc, pola presenza de cineastas que apostan polo risco formal e a constante experimentación, a Competición Internacional contará este ano cos novos traballos de Camilo RestrepoMarta MateusJulen EtxebarriaJean-Claude RousseauBen Rivers, e das duplas de dirección formadas por Margaux Dauby e Raúl Domingues, e Pierre Creton xunto con Vincent Barré. Os filmes seleccionados son:

  • Sincero, apaixonado, de Margaux Dauby e Raúl Domingues (Bélxica/Portugal, 2025)
  • El tercer paisaje, de Julen Etxebarria (España, 2024)
  • La Chambre d’ombres, de Camilo Restrepo (Francia, 2024)
  • Fogo do vento, de Marta Mateus (Portugal/Suíza/Francia, 2024)
  • Flamenco, de Jean-Claude Rousseau (Francia, 2024)
  • Bogancloch, de Ben Rivers (Reino Unido/Alemaña/Islandia, 2024)
  • 7 promenades avec Mark Brown, de Pierre Creton e Vincent Barré (Francia, 2024)

O xurado encargado de entregar os premios estará composto polo distribuidor e produtor franco-austríaco Pierre-Emmanuel Finzi, o cineasta estadounidense C.W. Winter (The Works and DaysThe Anchorage) e a estratega francesa de distribución en festivais Pascale Ramonda.

Nas vindeiras semanas anunciaranse tamén a Competición Galicia e o resto da programación, que incluirá proxeccións especiais, eventos e actividades paralelas. Con anterioridade, Play-Doc xa adiantara as retrospectivas e focos dedicados a Elaine MayMonte HellmanMichael Roemer, así como unha selección de clásicos restaurados do cinema da India pola Film Heritage Foundation.