Stations of the Elevated

EEUU, 1981
Dirección: Manfred Kirchheimer

Unha película de Manfred Kirchheimer

Stations of the Elevated é unha sinfonía urbana de 45 minutos, dirixida, producida e editada por Manfred Kirchheimer. Filmado en suntuosa película de 16 mm reversible, este filme mestura vívidas imaxes de trens cubertos de graffiti atravesando a áspera paisaxe da Nova York dos setenta cunha banda sonora que combina os ruídos da cidade co jazz e o gospel de Charles Mingus e Aretha Franklin. Deslizándose entre o South Bronx, Brooklyn, Queens e Manhattan —facendo un desvío polo penal do norte do estado—, Stations of the Elevated é un retrato impresionista dunha Nova York desaparecida hai xa moito tempo á que se lle rende homenaxe.

ENTRADAS