Skizbe

URSS, 1967
Duración: 10'
Dirección: Artavazd Pelechian

A filmografía oficial de Pelechian comeza con esta película titulada precisamente O Principio. Nela móstranse os feitos históricos que cambiaron o curso da historia do s. XX logo da Revolución de Outubro de 1917. A través do uso de fotografías, gravacións de estudio e material de arquivo e mediante unha montaxe totalmente experimental, Pelechian fai un retrato da historia recente, marcada por un extraordinario número de levantamentos e derramamentos de sangue. Pero máis que un reconto da historia de Rusia, O Principio é unha representación simbólica do movemento revolucionario.