PHOTOGRAPHIC MEMORY

E.E.U.U., 2011
Duración: 84'
Dirección: Ross McElwee

O cineasta atópase en constante conflito co seu fillo, que xa non é o neno adorable do seu pai senon un rapaz adulto obstinado que habita mundos virtuais por internet. Coa esperanza de adquirir certa perspectiva sobre como era a súa vida cando tiña a idade do seu fillo, McElwee emprende unha viaxe a St. Quay-Portrieux (Bretaña), onde traballou unha primavera como axudante de Maurice, un fascinante fotógrafo de vodas. Durante a viaxe trata de descubrir que foi deste e tamén de Maud, a muller coa que tivo un romance naquel momento, hai 38 años. Photographic Memory medita sobre o paso do tempo, sobre a praxe da fotografía e o cinema, o dixital contra o analóxico, e sobre o amor fendido dun pai cara o seu fillo.

http://www.photographicmemorythemovie.com/trailer.html

* Source: Museum of Modern Art