PATIOS DE LUZ

España, 2025
Duración: 13 min'
Dirección: Fran Rodríguez Casal

Dirección: Fran Rodríguez Casal
Texto: Su Garrido Pombo
Produción: Sombriza
Dirección de fotografía: Fran Rodríguez Casal
Montaxe: Fran Rodríguez Casal
Proxecto baseado no álbum Nun Patio de luz de Su Garrido Pombo.

Patios de luz é unha viaxe, un diario de vida sobre a emigración rural ás cidades. O camiño que vai dende a aldea ó barrio dunha cidade é o punto de partida, dende os eirados ata os patios de luces. Narrado cunha linguaxe poética que se fixa nos matices, nos cambios visuais e sonoros, na luz, buscando imaxes íntimas e espontáneas como a vida, os patios de luces convértense en anfiteatros comunitarios para aquelas que non volveron.

ENTRADAS