Duración: 110'
Dirección: Eduardo Coutinho
Produción executiva: Mauricio Andrade Ramos, João Moreira Salles
Dirección de produción: Raquel Freire Zangrandi
Fotografía e cámara: Jacques Cheuiche
Montaxe: Jordana Berg
Son: Bruno Fernandes
Produtora: VideoFilmes
Un filme nado de cero. Sen investigación previa, sen personaxes, localizacións nin temas definidos, un equipo de cinema chega ao sertão de Paraíba na procura de persoas que teñan historias que contar. No municipio de São João do Rio do Peixe, o filme descobre o Sítio Araçás, unha comunidade rural onde viven 86 familias, a maioría unidas por lazos de parentesco. Grazas á mediación dunha moza de Araçás, os moradores —na súa maioría anciáns— contan a súa vida, marcada polo catolicismo popular, pola xerarquía, polo sentido da familia e da honra —un mundo en vías de desaparición.
SÁBADO 2 DE MAIO · 17:30h | Seminario Menor de Tui