NOTHING BUT A MAN (Nada máis que un home)

EE. UU., 1964
Duración: 92 min'
Dirección: Michael Roemer

Dirixida por: Michael Roemer
Guión: Michael Roemer, Robert M. Young
Produción: Robert M. Young, Robert Rubin, Michael Roemer
Fotografía: Robert M. Young
Montaxe: Luke Bennett
Son: Al Gramaglia, Robert Rubin
Música: Martha Reeves & The Vandellas, Stevie Wonder, The Miracles, The Marvelettes, Mary Wells
Reparto: Ivan Dixon, Abbey Lincoln, Julius Harris, Yaphet Kotto, Gloria Foster, Martin Priest, Leonard Parker, Stanley Greene

Unha noite, Duff, empregado do ferrocarril e pai solteiro, coñece a Josie, unha mestra e filla dun predicador. Xuntos tentan construír unha vida digna a pesar da precariedade económica e da discriminación racial á que se enfrontan. Realizada no apoxeo do movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos, esta película emblemática conta cun memorable elenco, unha magnífica fotografía en branco e negro e unha exquisita banda sonora de Motown.

Versión de: Cinema Conservancy dunha película Cinedigm/New Video
Restaurada por: Biblioteca do Congreso, Campus Packard, para a Conservación Audiovisual

Nova restauración. Estrea española

ENTRADAS