NOSFERATU, EINE SYMPHONIE DES GRAUENS (Nosferatu: unha sinfonía do horror)

Alemania, 1922
Duración: 94 min'
Dirección: F.W. Murnau

Dirixida por: F.W. Murnau

Guión: Henrik Galeen (adaptación non autorizada de Drácula de Bram Stoker)

Produtores: Enrico Dieckmann, Albin Grau

Produtora: Prana Film
Fotografía: Fritz Arno Wagner

Reparto: Max Schreck, Gustav von Wangenheim, Greta Schröder, Alexander Granach, Georg H. Schnell, Ruth Landshoff

En 1838, na ficticia cidade alemá de Wisborg, Thomas Hutter, un novo axente inmobiliario, é enviado polo seu excéntrico xefe, Knock, a Transilvania para pechar a venda dunha propiedade ao misterioso conde Orlok. Durante a viaxe, Hutter ignora os avisos dos lugareños e chega ao castelo de Orlok, onde descobre que o seu anfitrión é un vampiro. Mentres Orlok se dirixe a Wisborg cun cargamento de cadaleitos, desatando unha praga mortal, Hutter regresa para salvar a súa esposa, Ellen, que semella estar unida ao vampiro por unha estraña conexión.

Con acompañamento de piano en vivo a cargo de Filipe Raposo.

Domingo 11 de maio, 22:30h. Igrexa de San Domingos, Tui.

ENTRADAS