Duración: 23 min'
Dirección: Carla Andrade
Escrito e dirixido por Carla Andrade
Produción: Gonzalo E. Veloso, Pilar Monsell / TESTAFERRO, Paraíso perdido films
Fotografía: Carla Andrade
Montaxe: Juan Soto Taborda
Son: Carla Andrade, David Machado
Música: Sandeep Rauth
En sánscrito, Nayan (नयन) significa “ollo” e evoca unha dimensión poética sobre a percepción e a visión. Este termo dá tamén título a unha canción composta polo meu compañeiro nepalí en 2015, Sandeep, mentres eu, coa miña cámara, buscaba activar o baleiro na paisaxe chilena, sen cuestionar se tiña dereito a materializar algo alleo á miña condición de suxeito, perpetuando o privilexio que me sostiña. Dez anos despois, revisito e denuncio aqueles actos, explorando como a linguaxe, tanto visual como verbal, expón as nosas limitacións e as estruturas invisibles de poder que nos condicionan.