Duración: 100'
Dirección: Claire Simon
Dirección, montaxe: Claire Simon
Fotografía: Michel Dunand
Productora: Gémini Films / Maïa Films / Ognon Pictures
Con: Mimi Chiola
Unha filma mentres a outra fala. Claire Simon e Mimi Chiola. Con todo Mimi non é ningunha estrela. Paseando por Niza, con cancións italianas de fondo, convencémonos rapidamente de que toda vida é unha historia e de que toda historia pode ser unha vida. Mimi está consternada porque sente que ela é un pouco todo o mundo e ao mesmo tempo ninguén. Ela é unha narradora chea de modestia e tenrura, un auténtico personaxe de ficción cuxo relato imprevisible expresa un inesgotable desexo de liberdade.