Mardkants Yerkire

URSS, 1966
Duración: 10'
Dirección: Artavazd Pelechian

A Terra dos Homes é a segunda película que Pelechian realizou mentres estudaba no prestixioso Instituto Estatal de Cinematografía da Federación Rusa (VGIK). Nela vemos imaxes de xigantescas construcións feitas polo home e a xente de diversas profesións (doutores, enxeñeiros, obreiros, científicos… ) desempeñando as súas tarefas no contexto dunha gran cidade. A película comeza e remata coa famosa escultura de Rodin O Pensador, símbolo da infinita beleza e manifestación do pensamento humano.