Les Habitants (Os habitantes)

Portugal, Francia, 2025
Duración: 42'
Dirección: Maureen Fazendeiro

Baseado nas cartas de Valérie Fazendeiro
Fotografía: Robin Fresson
Montaxe: Patrícia Saramago
Son: Jérôme Petit, Clément Maléo
Produción: Filipa Reis, Valentina Novati
Productoras: Uma Pedra no Sapato, Norte Productions

Périgny-sur-Yerres é unha zona residencial nos arredores de París. As súas casas unifamiliares sitúanse fronte a plantacións de colza e invernadoiros onde medran verduras e rosas. En outubro de 2017, a rutina máis ben monótona dos seus habitantes viuse alterada pola instalación dun campamento de persoas xitanas nun terreo abandonado. O campamento foi desmantelado e os seus ocupantes expulsados en xullo de 2018. O filme, rodado ao longo de tres veráns entre 2021 e 2023, reconstrúe os meses nos que residentes permanentes e temporais conviviron na localidade, a través de cartas escritas por mulleres que visitaron o campamento para coñecer os seus novos veciños e axudalos.

VENRES 1 DE MAIO · 19:30h | Seminario Menor de Tui

ENTRADAS