Lamaland (Teil I)

México, Suiza, 2018
Dirección: Pablo Sigg

Escrita, producida e dirixida por: Pablo Sigg
Produtora: SIGGFILM
Produción: Nico Pascal
Fotografía e Son: Pablo Sigg
Montaxe: Emilio del Cañal
Música: Richard Wagner, James Tenney, Friedrich Nietzsche
Con: Friedrich Schweikhart (F), Max Josef Schweikhart (M)

Condenados a vivir en radical illamento no paraíso perdido chamado Nueva Germania, os últimos dous descendentes da colonia aria fundada pola irmá de Friedrich Nietzsche na selva paraguaia son confrontados coa revelación do seu destino último grazas a unha espontánea ruptura na fosilizada orde da súa existencia diaria: como se as potencias escuras do tempo, os deuses do aire e dos elementos reclamasen a fin de quem soñaron un mundo cunha soa historia, unha soa lingua, unha soa deidade, unha soa raza, un só territorio. LAMALAND (Parte I) foi realizada en Nueva Germania, Paraguai, con Friedrich e Max Josef Schweikhart, sobreviventes directos da comunidade utópica imaxinada por Richard Wagner e establecida ao sur do Amazonas a finais do século XIX por Elisabeth Förster-Nietzsche. A ela, pola súa inquebrantable «teima suramericana», o seu irmán Friedrich chamábaa –con afecto sarcástico, quizais– «Llama».