Kyanq

Armenia, 1993
Duración: 7'
Dirección: Artavazd Pelechian

En Vida, Pelechian utiliza a color por primeira vez, se cadra por resaltar o ton optimista do filme, e realiza a súa película máis curta ata a data. Durante apenas sete minutos, Pelechian móstranos primeirísimos planos do rostro dunha muller dando a luz. Probablemente sexa unha das películas máis conmovedoras do realizador armenio. Vida é tamén a manifestación máis clara do diálogo entre a dor humana e a éxtase, sempre presente nos filmes de Pelechian.