KÖRKARLEN (A carreta pantasma)

Suecia, 1921
Duración: 107 min'
Dirección: Victor Sjöström

Dirixida por: Victor Sjöström

Guión: Victor Sjöström, adaptación da novela Körkarlen de Selma Lagerlöf

Produtor: Charles Magnusson

Produtora: Svensk Filmindustri
Fotografía: Julius Jaenzon
Reparto: Victor Sjöström, Hilda Borgström, Tore Svennberg, Astrid Holm, Concordia Selander, Lisa Lundholm

Ambientada na Suecia do século XIX, A carreta pantasma narra a historia de David Holm, un borracho empedernido que morre na noite de Fin de Ano. Segundo unha antiga lenda, o último pecador que falece antes da medianoite está condenado a conducir a carreta pantasma que recolle as almas dos mortos durante un ano. A través dunha serie de visións sobrenaturais, Holm revive momentos clave da súa vida, enfrontándose á súa crueldade coa súa esposa e ao desprezo que mostrou polos demais, incluída Edit, unha moza enferma de tuberculose que tentou redimilo.

Con acompañamento de piano en vivo a cargo de Filipe Raposo

Sábado 10 de maio, 22:30h. Igrexa de San Domingos, Tui

ENTRADAS