Dirección: Olivia Rochette & Gerard-Jan Claes
Unha película de Olivia Rochette e Gerard-Jan Claes
Fotografía: Olivia Rochette
Montaxe: Dieter Diependaele
Son: Lennert De Taeye Nina de Vroome
Edición de Son: Ingrid Simon
Produción: Rasmus Van Heddeghem, Ruben Desiere
Con: Billie Meeussen, Lucas Roefmans, Romane Van Damme, Charlotte Meyntjens, Rana Hamzaoui, Gaspard Renier, Victoria De Man
Estrea española
Billie e Lucas, unha parella de mozos de Bruxelas, van deixar a súa cidade natal para ir estudar á universidade e afrontar un ano cheo de cambios. A súa visión do futuro, as dúbidas sobre as relacións e as expectativas para a idade adulta convértense na base das conversacións entre eles e das discusións cos seus amigos. Un tenro e sincero retrato dos aspectos influentes pero incertos de todo (primeiro) amor.