Jak żyć

Polonia, 1977
Duración: 87'
Dirección: Marcel Lozinski

Nun campamento para novos matrimonios da Unión das Mocidades Socialistas Polacas organízase un concurso para elixir a parella exemplar, pero nin os campistas nin o responsable do campamento saben que dúas das parellas participantes son falsas. Łoziński mestura documental e ficción borrando os límites entre ambos xéneros. As dúas parellas de actores actúan de catalizadores, provocando situacións que poñen ao descuberto os mecanismos do poder. Esta sátira intelixente a modo de comedia negra estivo prohibida pola censura durante catro anos.