IRIS

E.E.U.U., 2014
Duración: 78'
Dirección: Albert Maysles

Dirección e Cámara: Albert Maysles
Produción: Laura Coxson, Rebekah Maysles, Jennifer Ash Rudick
Cámaras: Nelson Walker III, Sean Price Williams
Montaxe: Paul Lovelace
Son: Mike Karas
Música: Steve Gunn, Justin Tripp

Iris une ao lendario documentarista Albert Maysles con Iris Apfel, a aguda e extravagante estilista de 93 anos, que durante décadas tivo unha enorme presenza na escena da moda neoyorkina. Máis que sobre a moda, esta película fala sobre a creatividade e de como a excesiva liberdade de espírito de Iris continúa a ser unha fonte de inspiración, a pesar da súa avanzada idade. Iris retrata a unha muller singular cuxo entusiasmo pola moda, a arte e as persoas son un sustento vital e lémbranos que vestir, do mesmo xeito que vivir, non é máis que un experimento.

trailer
https://www.youtube.com/watch?v=eIG2AoiHszY