GREY GARDENS

E.E.U.U., 1976
Duración: 94'
Dirección: David Maysles, Albert Maysles, Ellen Hovde, Muffie Meyer

Filmada por Albert and David Maysles
Produtora asociada: Susan Froemke
Editoras: Ellen Hovde, Muffie Meyer, Susan Froemke
Produción: The Maysles Brothers, y Portrait Films, Inc.

Grey Gardens é a historia incrible pero certa de Edith Bouvier Beale e a súa filla Edie, tía e curmá irmá de Jacqueline Kennedy Onassis. Nai e filla construíron un mundo propio dentro dos muros da súa ruinosa mansión de East Hampton, chamada Grey Gardens. A señora Beale, aristócrata de nacemento, é irmá de Black Jack, o pai de Jacqueline. Little Edie, aspirante a actriz de embriagadora beleza, deixou de lado a súa vida en Nova York para coidar da súa nai e nunca máis se afastaría do seu lado. Xuntas descenderan a unha estraña vida de dependencia e excentricidades da que ninguén fora testemuño ata que chegaron os irmáns Maysles, coa súa cámara de 16mm e equipo de son. Grey Gardens é unha historia de amor agridoce, que mostra a complexa e poderosa relación entre unha nai e unha filla.

Ver película