Dirección: Luigi Di Gianni
Fotografía: Giuseppe De Mitri
Montaxe: Renato May
Música: Domenico Guaccero
Produción: S.E.D.I.
Antigas crenzas, maxia e supersticións, serpentean polos canellóns de Nápoles. O sacro e o profano, católico e pagán, todo é parte dunha mesma cultura, onde se atopan almas do purgatorio, caveiras en vitrinas, maleficios, soños premonitorios e métodos máis ou menos infalibles para gañar a lotería.