EXPOSED

España, 2024
Duración: 23 min'
Dirección: Nela Fraga

Dirixida por Nela Fraga
Música e son: Ibán Pérez

EXPOSED é un compendio de retratos feitos desde a intimidade e a complicidade. Persoas que se expuxeron á cámara co fin de reflectir o amor co que se lles mira.

Unha ópera prima que nace do convencemento de que vivimos nun momento de extrema violencia, de falta de entendemento, en que sobran as creacións ególatras e faltan miradas que mostren un xeito de observar caladamente a vida desde a gratitude e a empatía. Un collage en diferentes texturas de Super8, unha carta de amor que quere proxectar unha mirada sandadora que disolva individualismos e devolva a capacidade de conexión humana.

ENTRADAS