Duración: 110'
Dirección: Eduardo Coutinho
A partir dunha idea de: Consuelo Lins
Produción executiva: João Moreira Salles, Mauricio Andrade Ramos
Fotografía: Jacques Cheuiche
Montaxe: Jordana Berg
Son directo: Valéria Ferro
Produtora: VideoFilmes
Durante sete días, un equipo de cinema filmou o cotián dos moradores do Edifício Master, situado en Copacabana, a unha esquina da praia. O edificio ten 12 andares e 23 apartamentos por andar: son 276 apartamentos, onde viven arredor de 500 persoas. Trinta e sete delas contan as súas propias historias: hai os contentes, os ilusionados, os desilusionados, os esperanzados, os sinceros, os desamparados, os felices, os vencedores, os austeros, os doces, os tristes, os desempregados, os honrados, os esquecidos, os talentosos, os estranxeiros, os resentidos, os namorados.
Edifício Master é un filme de historias, de vidas.
DOMINGO 3 DE MAIO · 18:30h | Teatro Municipal