Duración: 80'
Dirección: Eduardo Coutinho
Dirección de rodaxe: Consuelo Lins, Daniel Coutinho, Eduardo Coutinho, Geraldo Pereira
Produción: Mauricio Andrade Ramos
Cámara: Jacques Cheuiche, Sergio Sbragia, Ricardo Mehedff, José Rafael Mamigonian, Cristiana Grumbach
Montaxe: Jordana Berg
Son directo: Paulo Ricardo Nunes, Ivanildo da Silva
Produtora: VideoFilmes
Na mañá do último día de 1999, un equipo de cinema sobe o morro da Babilônia, no Río de Janeiro, onde existen dúas favelas (Chapéu Mangueira e Babilônia). Con máis de 4.000 habitantes, estas son as únicas favelas situadas na beira de Copacabana, onde, á medianoite, unha multitude de preto dun millón de persoas se reúne para asistir aos fogos artificiais e celebrar o Aninovo.
Durante 16 horas, cinco cámaras dixitais, espalladas polo morro, rexistran os preparativos para a festa. Os habitantes das favelas fan balance das súas vidas e expresan as súas expectativas para o ano 2000.
XOVES 30 DE ABRIL · 17:30h | Seminario Menor de Tui