Duración: 11'
Dirección: Jorge Caballero, Camilo Restrepo
Produción: Anna Giralt Gris
Produtora: El FICUNAM – Programa de comisionado de cine de vangarda, Umbral 0, Artefacto Fílmico
Unha película deteriorada, rodada en 1982 nun país latinoamericano, presenta unha sucesión de imaxes do día a día, entre as que destacan algunhas que dan testemuño dos violentos acontecementos que tiveron lugar o 9 de maio dese ano. Intercalada entre as imaxes, a voz dun home expón a versión oficial dos feitos. Baixo a súa aparente banalidade, a película suscita a sospeita de que se encubriu o que realmente ocorreu.
VENRES 1 DE MAIO · 16:30h | Teatro Municipal