Dirección: Chantal Akerman
Estas catro curtametraxes foron realizados por Chantal Akerman no verán de 1967, en formato 8mm estándar, en branco e negro e sen son, como parte das probas de acceso ao Instituto Superior das Artes do Espectaculo (INSAS) en Bruxelas, onde foi admitida (curso 1967-1968) e onde permaneceu apenas uns meses antes de abandonar os seus estudos.
Chantal Akerman filma en Bruxelas a Foire de Midi que cada verán instálase nos barrios do sur da cidade, así como no patio do Hôtel de Clèves-Ravenstein, onde por casualidade, 50 anos máis tarde créase a Fundación Chantal Akerman. Na costa belga, Marilyn Watelet, –a súa amiga de mocidade coa que nos anos 70 funda a produtora Paradise Films–, e a súa propia nai Natalia Akerman, son as protagonistas dunha pequena ficción en dous partes que ten lugar nos comercios da cidade balnearia.