Febreiro 22, 2023

Inscricións abertas para participar no taller impartido polo cineasta Albert Serra e a produtora Montse Triola en Play-Doc

O taller realizado en colaboración con La Plantación terá lugar do 28 ao 30 de abril en Tui, durante a celebración da 19 edición do festival.
O potencial da tecnoloxía dixital para crear imaxes inéditas
Durante tres días coñeceremos de preto a traxectoria e metodoloxía de Andergraun Films, exposta ao detalle polo director Albert Serra e pola produtora Montse Triola, a través de exemplos concretos.

Falarannos da relación entre o cineasta e a produtora, como se negocia, dialoga e como se desenvolve o proceso de traballo entre ambos.

Exploraremos a relación entre o autor e a persoa que materializa a idea artística en canto á produción.

Como o director fai realidade esas ideas e como chegan ata a pantalla.

O obxectivo deste taller será coñecer de preto a relación entre o director e a produción e todas as decisións que iso leva consigo.

Está dirixido a estudantes ou profesionais da imaxe audiovisual, xa sexan creativos, técnicos, actores ou actrices. Cámaras, realizadores, estudantes de cinema, Belas Artes, Comunicación Audiovisual, Imaxe e Son, guionistas, escritores, produtores e tamén a calquera persoa interesada no cinema que queira innovar no seu traballo narrativo e incorporar novas metodoloxías durante o seu proceso creativo e de produción.

Inscricións abertas:

As inscricións para participar xa están abertas na web da Plantación, onde se atopa toda a información detallada:
https://laplantacion.info/2023/02/01/albert-serra-y-montse-triola-abril-2023-taller-de-campo-presencial-cine/