Coming Soon

Sábado 10 de maio. 18:30h. Sala 3

Cineastas presentan en directo un pequeno adianto dalgunhas das películas galegas que poderemos ver moi pronto. Traballos en pleno proceso de xestación dos que, da man dos seus autores, coñeceremos o momento no que se ato- pan. Estes proxectos son:

Kiro

Dirección: María Yañez

Ana Kiro converteuse nos anos 70 e 80 na gran diva pop da canción galega grazas á xeración que emigrou do campo á cidade. Décadas máis tarde, persoas de distintas idades e ámbitos póñense a reescoitala para comprender mellor a súa figura e, con ela, algunhas cuestións por resolver sobre a súa identidade colectiva.

Despois das cidades

Dirección: Xacio Baño

Despois das cidades é un filme-ensaio sobre a viaxe. A película toma como base de operacións a cidade de Santiago de Compostela, e traballa con diversas temporalidades e realidades, xogando con postais escritas hai máis dun século.

Notas entre silencios

Dirección:Fon Cortizo.
Produción: Ollo Vivo

O derradeiro estímulo, o último que provoca unha reacción no noso cerebro, é o son. A escoita ofrécenos o primeiro contacto co mundo que agarda fóra do útero materno, e permanece alerta ata o instante previo á escuridade, ao silencio. O derradeiro latexar. Entre eses dous momentos, o argumento dunha vida. Notas e silencios. Un documental sobre a escoita e a non escoita. Música e xordeira. Con Sumrrá e Jone San Martín.