Do 7 ao 11 de maio, a cidade de Tui acolle unha nova edición de Play-Doc, unha das citas clave do panorama galego de festivais de cinema. Cunha programación que destaca polo seu carácter innovador e sensibilidade artística, o festival incorpora tamén propostas paralelas que exploran novas formas de relacionarse co cinema. Esta edición presenta dous espectáculos en vivo que conectan as imaxes en movemento coa música e o patrimonio, convidando o público a descubrir outras maneiras de experimentar o cinema máis alá da sala tradicional.
Cinema percorridos: deriva en dúas paradas
Unha das actividades máis celebradas polo público, Cinema Percorridos, adopta este ano un novo formato. Play-Doc propón dous espectáculos consecutivos asinados por creadores galegos, que reformulan o cinema como experiencia viva a través do son, a imaxe e a transformación do espazo. A cita será o venres 9 de maio.
SACRO é unha performance audiovisual en tempo real creada polo músico Fon Román e o realizador Oswaldo García, membros do colectivo FON_OS. Partindo do escaneado 3D do conxunto monumental de Santo Domingo, a peza transforma a igrexa gótica nun espazo de luz e son. Proxeccións visuais en constante transformación e música en directo fúndense nunha intervención artística que invita a redescubrir o patrimonio desde unha perspectiva diferente.

N0WX, pola súa banda, é unha proposta conxunta do artista sonoro Xoán-Xil López o cineasta Iván Torres Hdez.Entre concerto expandido e instalación audiovisual, a obra nace dunha investigación sobre antigos puntos de emisión radiofónica en Galicia. Voces, frecuencias e ruídos de transmisións desaparecidas mestúranse con proxeccións analóxicas para construír unha paisaxe sonora e visual que evoca tecnoloxías en desuso, ecos do pasado e cartografías invisibles. Unha peza poética que converte o son en ferramenta para explorar o territorio e o tempo.
Cinema mudo con música en directo na Igrexa de San Domingos
680518dd6dc2fbb53ec8b5c9.jpg
Cinema percorridos: deriva en dúas paradas
Unha das actividades máis celebradas polo público, Cinema Percorridos, adopta este ano un novo formato. Play-Doc propón dous espectáculos consecutivos asinados por creadores galegos, que reformulan o cinema como experiencia viva a través do son, a imaxe e a transformación do espazo. A cita será o venres 9 de maio.
SACRO é unha performance audiovisual en tempo real creada polo músico Fon Román e o realizador Oswaldo García, membros do colectivo FON_OS. Partindo do escaneado 3D do conxunto monumental de Santo Domingo, a peza transforma a igrexa gótica nun espazo de luz e son. Proxeccións visuais en constante transformación e música en directo fúndense nunha intervención artística que invita a redescubrir o patrimonio desde unha perspectiva diferente.
N0WX, pola súa banda, é unha proposta conxunta do artista sonoro Xoán-Xil Lópeze o cineasta Iván Torres Hdez.Entre concerto expandido e instalación audiovisual, a obra nace dunha investigación sobre antigos puntos de emisión radiofónica en Galicia. Voces, frecuencias e ruídos de transmisións desaparecidas mestúranse con proxeccións analóxicas para construír unha paisaxe sonora e visual que evoca tecnoloxías en desuso, ecos do pasado e cartografías invisibles. Unha peza poética que converte o son en ferramenta para explorar o territorio e o tempo.
CONSEGUE XA AS TÚAS ENTRADAS!
680512f26dc2fbb53ec8b584.jpg
Cinema mudo con música en directo na Igrexa de San Domingos
Play-Doc presenta unha experiencia cinematográfica única que terá lugar os días 10 e 11 de maio na Igrexa de San Domingos de Tui. Neste espazo monumental proxectaranse dúas obras mestras do expresionismo europeo: A carreta pantasma (1921), de Victor Sjöström, y Nosferatu (1922), de F.W. Murnau, con acompañamento musical en directo do prestixioso pianista e compositor Filipe Raposo. Recoñecido internacionalmente pola súa mestría no acompañamento de cinema mudo, Raposo interpretará ao piano unha creación musical propia que recupera a tradición dunha época na que a música formaba parte esencial do relato cinematográfico.
A Igrexa de San Domingos, declarada Monumento Nacional / Ben de Interese Cultural, ofrece o marco maxestoso para esta proposta que une patrimonio, música e imaxes en movemento.
Masterclass con Filipe Raposo. Ademais de poñer música en directo ás proxeccións de cine mudo na igrexa, o recoñecido pianista, compositor e arranxista portugués Filipe Raposo ofrecerá unha clase maxistral sobre composición musical para cine, na que revelará as claves do seu proceso creativo. Este encontro terá lugar na Aula do Conservatorio Profesional Escola de Música de Tui, o venres 9 de maio ás 18h, no marco do festival. Será aberta ao público e de entrada gratuíta ata completar aforo.

Con estas iniciativas, Play-Doc amplía a súa ollada sobre a creación audiovisual, fomentando o encontro con outras disciplinas e explorando novas formas de presentar e compartir o cinema co público. Cinema expandido, música en directo e patrimonio histórico únense para ofrecer experiencias que van máis alá da pantalla.
Xa podes mercar as entradas na web do festival: www.play-doc.com