Novembro 16, 2016

Carta blanca de Play-Doc no Porto/Post/Doc

Estamos encantados de colaborar co excelente festival portugués Porto Post Doc, cunha carta branca dentro da súa magnífica programación.

E xa que a etnografía e o cinema sensorial son dous dos seus temas principais, a nosa proposta non é outra que o traballo do cineasta cubano Nicolás Guillén Landrián.

(Camagüey 1938 -Miami 2003) que a pesar de todo continua sendo profundamente descoñecido. O que sobreviviu da súa obra,- censurada, menosprezada, esquecida e descoñecida para a inmensa maioría-, constitúe hoxe en día un documento excepcional da Cuba post-revolucionaria, unha visión non oficial que cuestiona o discurso hexemónico dunha época profundamente caótica e chea de contradicións.


O cinema de “Nicolasito” sorprende pola súa absoluta liberdade creativa, polo ritmo frenético da súa montaxe, a poesía e musicalidad das súas imaxes, e tamén pola intelixencia incisiva da súa mirada, dotada dunha fina ironía e un xenuíno interese antropolóxico. Pero se hai algo que de verdade conmove na súa obra, son sen dúbida os rostros que nela aparecen, uns rostros fascinantes, bellísimamente filmados, os rostros das clases máis humildes e esquecidas da sociedade cubana.

En 2013 en Play-Doc, mostramos por primeira vez en Europa a que sería a súa segunda retrospectiva fóra de Cuba, co seis películas que aquí presentamos. Así que non vos perdades a oportunidade de velo en Porto Post Doc. Será o día 29 de novembro ás 22h en Maus Hábitos. Esperámosche e esperamos que para moitos de vós o seu descubrimento sexa tan marabilloso como o foi para nós.

http://www.portopostdoc.com