Bases de participación

1. Xeral

Play-Doc é un festival independente que se celebra na antiga e fermosa cidade galega de Tui, na fronteira entre España e Portugal. Cada ano Play-Doc presenta unha coidada selección de programas competitivos e non competitivos, así como de retrospectivas de realizadores mundialmente aclamados e tamén de directores de culto e independentes cuxa obra permaneceu esquecida, perdida ou é descoñecida.

Entre os obxectivos do festival está o de xerar diálogo ao redor do cinema de ficción/non ficción, presentando e redescubrindo clásicos da historia do cinema, así como mostrando as últimas tendencias de todo o mundo a unha audiencia diversa, numerosa e participativa.

2. Datas

A XXI edición de Play-Doc, festival Internacional de cine de Tui terá lugar do 7 ao 11 de maio de 2025.

3. Requisitos

As inscricións están abertas a películas de todas as duracións e temáticas. O festival dará prioridade a aquelas cuxa presentación no festival supoña a estrea en España.

4. Competición e premios

Todas as películas seleccionadas para os programas a competición serán candidatas a un premio en metálico máis trofeo, que outorgará un xurado de prestixio internacional.

5. Inscrición

Todas as películas inscritas deberán pagar unha cota de inscrición de 10€. O pago farase unicamente a través do formulario de inscrición online.

6. Selección

Todas as películas inscritas serán consideradas tanto para as categorías a competición como para as non competitivas e será a dirección artística do festival a que realice dita selección. A ubicación das películas (días, salas e horarios) no programa final será tamén decisión da organización do festival.

7. Notificacións

O festival tan só porase en contacto cos representantes das películas seleccionadas. A programación completa irase anunciando antes do comezo do festival na nosa web www.play doc.com.

8. Data límite de inscrición

A convocatoria permanecerá aberta ata o 7 de abril de 2025.

9. Aceptación

A inscrición e participación no festival supón a aceptación do regulamento. Nos casos non especificados será a organización do festival a que decida.