Play-Doc TV presenta a retrospectiva integral da obra do celebrado cineasta arxentino Matías Piñeiro. Será a primeira vez que unha televisión mostre todas as películas deste novo autor encomiado e premiado amplamente no circuíto internacional de festivais de cinema.
Na súa obra cabe destacar o desafío de adaptar con extraordinaria liberdade a literatura de William Shakespeare, trasladándoa a un Buenos Aires contemporáneo. Un traballo intenso e delicado que se centra nas heroínas das comedias shakesperianas, e realizado con primor xunto a actrices de gran talento, como María Villar ou Agustina Muñoz.
A súa obra componse de seis filmes: Hermia & Helena (2016), La Princesa de Francia (2014), Viola (2012), Rosalinda (2011), Todos mienten (2009) e El hombre robado (2007). Matías Piñeiro explora novas formas de contar historias filmando de maneira íntima e con extrema sensibilidade, a unha mocidade que busca o seu lugar no mundo.
Un conxunto de filmes vibrantes e inspiradores, capaces de colocar o mundo en movemento e de lanzarnos a unha experiencia cinematográfica apaixonante.
A Play-Doc TV é un proxecto paralelo ao festival na mesma linha editorial do Play-Doc onde atopamos tanto ficción como documental, e na sua maioría películas que tan só se pode ver en festivais de cinema.
Contamos cun catálogo excepcional de ao redor de 100 títulos ao que se engaden novas adquisicións cada mes. A subscrición á Play-Doc TV é mensual e realízase só a través de R televisión.