Phantomatic DJ & Abel Trigó

Unha proposta que combina DJ e voz en directo nun formato aberto, onde o soul, o funk e os sons de club conviven con naturalidade. PHANTOMATIC DJ, a versión máis disco-funk de Cristian Penelas, encárgase da sesión. Ao seu lado, Abel Trigó —cantante e guitarrista con base no soul, o jazz e o gospel— achega unha voz con carácter e unha traxectoria ligada tanto ao directo como á colaboración con outros artistas. Xuntos desenvolven un show en constante movemento, onde a música se constrúe en tempo real e cada tema se transforma sobre o escenario.

VENRES 1 DE MAIO  – 00:00h | Amadeus | Entrada de balde