OBRADOIRO DE CINEMA COMUNITARIO: A NOITE EN VELA

Neste obradoiro, impartido polo cineasta galego Eloy Domínguez Serén, veciños e veciñas da comarca son convidados a explorar e plasmar cinematográficamente a súa propia visión da noite en todas as súas formas e posibilidades. Como se transforma a nosa vila cando cae a escuridade? Que segredos agochan os seus recunchos máis escuros? Que historias emerxen cando o mundo se silencia?.

As películas resultantes presentaranse no festival.

Cineastas participantes: Aldara López , Andrea Sermeno, Diego Plaza, Noemí Guisande, Paco Serén, Pedro Serén, Raquel Diz, Miguel Ángel Franco Acevedo, Raúl De Celis e Sofía Dagá.

ENTRADAS