MAD MARTIN TRIO

Unha das bandas máis potentes do rock and roll clásico galego, coñecida polos seus concertos explosivos. Celebran o seu décimo aniversario coa presentación de Black & White, adianto do seu próximo LP. High rockabilly de alto voltaxe cun son profundo e afiado. O trío está formado por MadMartin (voz e guitarra), Niki (batería) e Dr. García (contrabaixo).