French Riviera recupera o pulso do disco, o funk e a electrónica dos 80 desde unha mirada actual. Detrás do proxecto está o músico galego David Fermoselle, saxofonista, teclista e produtor con paso por escenarios como FIB Benicàssim, Sonorama, Jazzaldia, Low Festival ou Arenal Sound, tanto coa súa banda Belöp como xunto a Villanueva. Aquí desenvolve un imaxinario ligado ás guitarras funk, baterías disco e unha aura cinematográfica que lembra a idade dourada do neón e o retrofuturismo.
Tras Weekend in Montecarlo, presenta novos temas nos que continúa ese cruzamento entre retro e presente, nun directo continuo pensado para a pista de baile.
French Riviera é un proxecto musical que conecta de cheo coa estética oitentera: sintetizadores, saxo, talkbox, guitarras funk, baterías disco e unha aura cinematográfica que lembra a idade dourada do neón e o retrofuturismo.
SÁBADO 2 DE MAYO – 00:00h | La Burbuja | Entrada libre