Encontro con Nicolas Becker: O son no cinema

Con motivo da presentación en Play-Doc de Krakatoa, unha performance audiovisual en directo do artista e cineasta Carlos Casas xunto a Nicolas Becker e Armand Lesecq, o festival organiza un encontro aberto con Nicolas Becker arredor do papel do son no cinema. Gañador do Óscar por Sound of Metal, Becker compartirá a súa experiencia profesional e abordará os procesos implicados na creación sonora dunha película, nunha conversa que permitirá afondar nun ámbito esencial —a miúdo invisible, pero decisivo— da creación cinematográfica.

VIERNES 1 DE MAIO   16:30h | Sala 3 – Entrada libre