Despedida de A Cuarta Parede

Mesa redonda: os retos da crítica cinematográfica independente

Con motivo do cese de actividade de A Cuarta Parede, primeira revista dixital de crítica cinematográfica en galego, organizamos unha mesa redonda no marco do festival. Será un espazo para analizar as causas do seu peche, debater sobre o futuro do seu arquivo e reflexionar colectivamente sobre a situación da crítica cinematográfica independente en España e Portugal.

Ademais dalgúns dos membros fundadores e antigos directores da revista, a mesa contará coa participación de representantes de publicacións de referencia como Caimán. Cuadernos de Cine ou À pala de Walsh, que compartirán os seus principais retos e modelos de xestión, así como a súa visión sobre a evolución deste oficio nun contexto cada vez máis precarizado e cambiante.

Esta será a primeira dunha serie de actividades que acompañarán o peche de A Cuarta Parede, que irán desenvolvéndose ao longo dos vindeiros meses.

Sábado 10 de maio – 20:00h

Play-Doc – Sala 3 (rúa Camilo José Cela)

Modera:
Jesús Silva (director de A Cuarta Parede)
Participan:
Víctor Paz (co-fundador de A Cuarta Parede)
Eloy Domínguez Serén (co-fundador de A Cuarta Parede)
Iván Villarmea Álvarez (ex-director de A Cuarta Parede)
Elsa Tébar (Caimán. Cuadernos de Cine)
Susana Bessa (À pala de Walsh)