ANACOS DE CRACK

Víctor Coyote & Javi Álvarez

Teatro Municipal de Tui | Mércores 1 de maio 20:30h

Unha peza experimental sobre El Crack, de José Luis Garci.
El Crack (1981) é un escuro neo-noir ambientado en Madrid e Nova York, que se atopa entre os grandes clásicos do cinema español, no que Garci ofreceu a Alfredo Landa o seu primeiro papel dramático.

Víctor Coyote e Javi Álvarez reinterpretan con música orixinal en directo este filme pioneiro do cinema negro español. Experimentando coa fragmentación musical e visual logran construír unha obra nova que conserva a alma sórdida e costumista da película orixinal.

Durante décadas, o polifacético Víctor Coyote axitou a escena nacional desde as súas marxes. Os seus dotes como debuxante, deseñador gráfico, realizador audiovisual, actor, director de proxectos de artes escénicas, músico e visionario mestúranse na súa carreira. Desde os revolucionarios días de Los Coyotes, onde fusionou o rock con ritmos latinos, o galego foi un pioneiro na exploración. A traxectoria de Javi Álvarez coincide en moitos puntos coa do seu compañeiro nesta aventura. Tamén galego, tamén polifacético e tamén abonado ás marxes, editou música con proxectos como Néboa, Fluzo, Dúo Cobra, Bravido ou baixo o seu propio nome, e desenvolveu unha práctica artística na que experimenta cos formatos audiovisuais. Eles unirán forzas para reinterpretar en directo coa súa música esta icónica película de neo-noir español.

ENTRADAS