– O festival de Tui, que se clausura mañá, segue adiante con Dominic Gagnon, cine galego e os ciclos Retratos e The Wrong Revolution
− Cinco películas compiten polo galardón, cuxo gañador coñeceráse ás 22,00 horas
– Éxito de público nas salas de cine e no concerto de Joan As Police Woman
Coa proxección hoxe ás 16,30 de Ama-San conclúe a sección oficial de Play-Doc, o festival internacional de cine documental, que este ano cumpre o seu 13ª edición. Cinco películas, entre elas tres óperas primas e unha estrea mundial, conforma o programa da competición, con toda unha variedade de temáticas e estilos de directores tanto consagrados como noveis, provenientes de Portugal, Francia, Arxentina, Italia e México.
A portuguesa Cláudia Varejão realiza en Tui a estrea en España de Ama-San, a súa primeira longametraxe. Nel aproxímase á historia de Matsumi, Mayumi e Masumi, tres mulleres que mergullan diariamente a pulmón en Wagu, un pequeno pobo pesqueiro da península xaponesa de Ise, para arrincar a orella de mar das rocas. As Ama-San practican a pesca de mergullo desde fai máis de 2.000 anos. As outras catro películas a competición son O futuro perfecto, de Nele Wohlatz; Libera Nos (Liberami), de Federica di Giacomo; Omar y Gloria, de Jimmy Cohen, e Le Concours, de Claire Simon.
O gañador coñecerase cara ás 22,00 horas, tras a reunión dun xurado composto por Carmen Gray, Jake Perlin e Philippe Azoury. A neozelandesa Gray, residente en Berlín, é unha recoñecida xornalista freelance e crítica de cine que exerce de programadora e como membro do comité de selección da Semana da Crítica de Berlín. Jake Perlin es director artístico e director de programación na sala Metrograph, en Manhattan (Nova York). Ex crítico de cine de Libération e antigo colaborador de Les Inrocks, Cahiers du Cinéma e Vogue, Philippe Azoury é na actualidade editor cultural de Grazia.
Hoxe volve o controvertido Dominic Gagnon ao festival, coas películas Big Kiss, Good Night e Rip in Pieces America, e tamén co ciclo por el dirixido Cinema Direct, do que se exhiben catro pezas: Very nice, very nice, Á St. Hernri le 5 Septembre, Rouli-rouli e La lutte. Haberá tamén cinco películas do ciclo de Cine Galego: Quiasma (Tono Mejuto), Rapa das bestas (Jaione Camborda), Montañas ardientes que vomitan fuego (Samuel Delgado e Helena Girón), Lenda negra (Elisa Cela, Claudia Gracia, Mario Sanz e Óscar Vicentelli) e Rust (Eloy Domínguez Serén).
O programa cinematográfico do sábado complétase con Attica (Cinda Firestone Fox, 1974) e Santiago (Joao Moreiras, 2007). A primeira delas forma parte do ciclo The Wrong Revolution, programado por Jake Perlin, mentres que Santiago faio no programa Retratos.
Ademais da programación cinematográfica, Play-Doc, que se clausura mañá, continúa cunha masterclass de Dominic Gagnon e co taller Documentando a Rede. Tras o concerto onte de Joan As Police Woman, o programa musical continúa esta noite, a partir das 00,30 horas, cos norteamericanos Star Rover e os portugueses The Dirty Coal Train. Todo iso co público como factor crave. A súa resposta tanto nas salas de proxección como nos concertos ou nos talleres é o maior motivo de satisfacción para a organización deste xa veterano festival de Tui.