Competición Internacional Longametraxes e curtametraxes
Émilie Cauquy
Émile Cauquy ten ao seu cargo a promoción dos fondos cinematográficos da Cinémathèque française e é responsable do proxecto HENRI, a plataforma de VBD da institución, así como do catálogo virtual de restauracións. Programa distintos ciclos con regularidade, en especial para Il Cinema Ritrovato (Boloña) (Marie Epstein, Colette, Nicole Vedrès, Musidora), alén de emisións caracterizadas pola súa espectacularidade que oscilan entre a proxección, a performance e a lectura teatral (Germaine Dulac, Musidora, Georges Méliès).
Haden Guest
Haden Guest é director do arquivo cinematográfico de Harvard, de cuxa filmoteca, que emite ao longo de todo o ano, é curador, e na que tamén se dedica a supervisar o programa de colección e conservación activa, dunhas dimensións que aumentan sen cesar. Comisariou o programa cinematográfico de diversos festivais, como a Viennale, o Oberhausen e o Mar del Plata, e de museos como o Haus der Kunst (Múnic), o Museo Nacional de Arte Moderna e Contemporánea (Seúl) e a Fundación e Museo Gulbenkian (Lisboa). É profesor titular do Departamento de Arte, Cinema e Estudos Visuais de Harvard, onde imparte cursos de historia do cinema e prácticas arquivísticas.
Andrea Meneghelli
Andrea Meneghelli é curador dos Fondos Cinematográficos da Fondazione Cineteca di Bologna. O seu labor comprende a conservación, catalogación e dixitalización, a ampliación dos fondos mediante a realización de novas adquisicións, a restauración e a distribución internacional dos filmes da Cineteca. No seu traballo abrangueu, así mesmo, a xestión de iniciativas europeas dedicadas á difusión en liña do patrimonio audiovisual, a programación de retrospectivas en festivais cinematográficos, a edición de coleccións de DVD dedicadas ao cinema documental italiano, a escrita de varios ensaios e artigos sobre historia do cinema e a publicación de diversos libros, revistas e publicacións periódicas. Tamén é membro do consello asesor do festival de cine Il Cinema Ritrovato.
Competición Galicia
Ramiro Ledo
Fundador e director de Atalante, distribuidora cinematográfica creada en 2021 que combina no seu catálogo cinema independente e de autor contemporáneo, óperas primas e filmes de patrimonio. Foi socio fundador da cooperativa NUMAX e o seu presidente desde 2014, proxecto ao que pertenceu até 2021. Desde 2019 é tamén director xerente e programador de DUPLEX Cinema. É vicepresidente de Próxima (asociación de distribuidoras de cinema independente e de autor en versión orixinal) e presidente de Promio, red de cines independientes. O seu labor cinematográfico foi recoñecido co premio Entrepreneur of the Year Award en 2020 por Europa Cinemas.
Eloísa Suárez
Eloísa Suárez traballa na actualidade na programación de cinema e música no Goethe- Institut Madrid e estuda Comisariado na Elías Querejeta Zine Eskola en San Sebastián. Iniciouse como programadora en SHORT SHOTS Madrid e no Festival de Cinema en Español de Berlín programando cinema latinoamericano. Programou semanalmente o Cinema Club Goethe, así como o ciclo «50 películas / 50 anos» con motivo do aniversario do Goethe- Institut en México e a Semana de Cinema Alemán. Tamén impartiu seminarios sobre as vangardas no cinema alemán e elaborou programación en estreita colaboración con redes de cineclubes polo territorio mexicano. En PROCINE estivo ao cargo de coordinar a rede de exhbición alternativa.
Gemma Vidal
Gemma Vidal é produtora executiva en Atresmedia Cine, con foco no desenvolvemento, o financiamento e a distribución do cinema español. Anteriormente traballou como coordinadora de produción na produtora e distribuidora Avalon e foi experta para o desenvolvemento de longametraxes do capítulo MEDIA do programa Europa Creativa. Foi a directora responsable da Incubadora de The Screen, o programa para o desenvolvemento de longametraxes da ECAM, consistente nunha serie de mentorías, workshops e financiamento dirixido a produtores, directores e guionistas emerxentes e residentes en España.