Xurado

Xurado Internacional

 

adomaAkosua Adoma Owusu é unha realizadora de vangarda e produtora americana de ascendencia ghanesa cuxas películas foron proxectadas en prestixiosos festivais, museos, galerías e universidades de todo o mundo. O seu traballo céntrase no choque de identidades. Nomeada recentemente pola revista Indiewire como unha das 6 mulleres cineastas que redefiniron o cinema, Akosua Adoma Owusu, recibiu bolsas da MacDowell Colony e a prestixiosa Guggenheim. A súa compañía Obibini Pictures, LLC, fundada en 2007, produciu películas multipremiadas en festivais internacionais incluído o seu traballo máis recente, Reluctantly Queer, nomeado ao Oso de Ouro e ao Premio Teddy na Berlinale 2016. Varias universidades e museos teñen traballos de Akosua en colección permanente coma o Whitney Museum of American Art en New York, Fowler Museum, Yale University Film Study Center e Indiana University Bloomington, fogar do Black Film Center/Arquive.

kumjanaKumjana Novakova é co-fundadora e directora do Pravo Ljudski Film Festival de Saraievo, en Bosnia e Herzegovina. Estudou ciencias políticas e traballos de investigación social en Sofía, Saraievo, Boloña e Amsterdam, centrándose en temas de identidade. Foi a impulsora da fundación da primeira escola de documental creativo nos Balcáns, xunto aos festivais Dokufest, en Kósovo e Makedox, en Macedonia. Así mesmo Kumjana dá clases de cinema social na prestixiosa escola fundada por Béla Tarr, o film.factory, en Saraievo.

nuno-lisboaNuno Lisboa Afonso é o director do Doc’s Kingdom, Seminario Internacional de Cinema Documental dende 2013, sendo programador do mesmo dende 2006. Nuno é así mesmo membro da actual Dirección de Apordoc, Associação pelo Documentário. É tamén profesor na licenciatura de Imaxe e Son na Escola Superior de Artes e Deseño de Caldas da Rainha. Nuno Lisboa é Licenciado en Ciencias da Comunicación pola Faculdade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, onde prepara unha tese de Doutoramento en Cinema.

Xurado Camira

 

mireia-iniestaMireia Iniesta
Licenciada en Filoloxía Románica e Filoloxía Italiana pola UB. Máster en cinema e audiovisual contemporáneo pola Universitat Pompeu Fabra. Vicedelegada de CAMIRA en España. Colaboradora de La Furia Umana, Cinergia e El Destilador Cultural. Xurado en Márgenes e no Premio Ópera prima do Col.legi de directors i directores de cinema de Catalunya. Actriz en La academia de las musas de José Luis Guerín.

luis-mendoncaLuís Mendonça 
Licenciado en Comunicación Social polo Instituto Superior de Ciencias Sociais e Políticas da Universidade Técnica de Lisboa. Master en Ciencias da Comunicación na especialidade de Cinema e Televisión pola Faculdade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa. Traballou na área funcional de programación da Cinemateca Portuguesa – Museu do Cinema. Escribe en dous espazos fundados por el: no blogue CINEdrio e na web de cinema À pala de Walsh. Delegado de CAMIRA en Portugal.

gabriela-wondracek
Gabriela Wondracek Linck
Delegada de CAMIRA en Alemaña. Escribe en revistas como La Furia Umana, Interlúdio, Rebeca (SOCINE), Cadernos de Não-Ficção, Aurora ou Zinematógrafo. Programadora de ciclos como “Nouvelle Vague Tcheca – O Outro Lado da Europa”, no Centro Cultural Banco do Brasil, ou “Frutos do Paraíso”, na Sala P.F. Gastal, en Porto Alegre. Colaborou en diversos festivais, como Fronteira Festival de Cine Documentário e Experimental. Produciu o filme Terror (2015). Agora traballa na produción do documental Beyond Borders Band.