Xurado

garbine

Garbiñe Ortega

O seu traballo curatorial foi mostrado internacionalmente en institucións como o Film Society do Lincoln Center (NY), o Tate Modern (Londres), o Film Museum de Viena, o Pacific Film Arquive, a National Gallery of Art de Washington ou o Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona. Foi codirectora de programación de Ambulante e é cofundadora do proxecto formativo e de exhibición audiovisual Zineleku desenvolvido no País Vasco. Actualmente, é a directora artística de Punto de Vista.

olaf

Olaf Möller

Nacido en Colonia.
Mostra e escribe sobre películas.
Tamén dá clases en Helsinqui.

gerwin

Gerwin Tamsma

Traballa no IFFR (Festival Internacional de Cinema de Róterdam) desde 1996, involucrándose en moitos aspectos da programación, desde programas especiais até focos e retrospectivas. É o programador da sección Bright Future e responsable da selección de películas de Latinoamérica, países de lingua chinesa, Corea, Escandinavia, Italia, España e Portugal. Tamén forma parte do comité de selección do Hubert Bals Fund.

Tui