REC&PLAY
son e imaxe en movemento
Descobre e aprende xogando as reviravoltas do cinema co laboratorio audiovisual de Juanma LoDo.
Información xeral
No laboratorio de imaxe en movemento e son a cargo de Juanma LoDo os mais pequenos poderán descubrir o cinema (imaxe en movemento) desde os seus inicios até a vangarda audiovisual contemporánea.
O taller divídese en tres partes; unha primeira parte teórico-practica na cal viaxaremos pola historia do cinema mudo e sonoro, unha segunda parte práctica na cal crearemos o noso propio contido audiovisual para terminar cunha pequena exhibición audiovisual con música e vídeo manipulado en directo.
Descubriremos como se transforma a luz e o son nunha película a través de exercicios audiovisuais usando cámaras de vídeo, teléfonos móbiles, cámaras web HD, proxectores, retroproyectores, lupas, lanternas… Experimentaremos con vídeo e son… dirixindo, gravando e editando nosas propias creacións audiovisuais. Crearemos un guión, un storyboard e reproduciremos unha rodaxe para coñecer os nomes, tarefas e responsabilidades das persoas que compoñen un equipo de rodaxe.
A parte final do taller será dedicada á experimentación audiovisual a través do Live Cinema, xuntando o material de creación gravado polos alumnos. Esta actividade terá unha duración de 15 min e poderán asistir os familiares dos alumnos.
Grupos, calendario, horario e prezo
Número de participantes: máximo 15 alumnos
Lugar: Edificio área panorámica de Tui
Idades dos participantes: entre 7 a 12 años
Datas: 6 de abril de 2019
Horario: de 16:30 a 20 horas
Prezo: 30€
Inscrición aberta: os interesados en participar deben inscribirse a través de la web de La Cinematográfica.