Curtametraxes

AGRILOGISTICS

Gerard Ortín Castellví, 21', 2022, Spain-United Kingdom
Director: Gerard Ortín Castellví
Fotografía: Gerard Ortín Castellví
Montaxe: Maddi Barber, Mirari Echávarri, Gerard Ortín Castellví
Son: Oriol Campi Solé
Coprodución: Vivianne Jorritsma, Oriol Campi Solé
Consultora de Produción: Sabine Groenewegen

Estrea española

Agrilogistics achéganos ás recentes transformacións tecnolóxicas dentro da agricultura industrial contemporánea. Bulbos de tulipanes, pugas de crisantemos, ou cultivos de tomate son procesados mediante cámaras e algoritmos que regulan o seu crecemento. De día, o invernadoiro convértese nun dispositivo cinemático, un estudio automatizado para a produción en masa de flores e vexetais. De noite, a fábrica detense: exterior e interior confúndense nun espazo onírico onde plantas, animais e máquinas forman un novo armazón ecotecnolóxico.

ENTRADAS

SORPRENDIDOS POLA CHOIVA (Caught in the Rain)

Elie Maissin & Mieriën Coppens, 21', 2021, Belgium
Dirección: Elie Maissin & Mieriën Coppens
Produción: Cobra Films, Daniel De Valck
Fotografía: Mieriën Coppens
Son: Elie Maissin
Montaxe: Mathijs Poppe & Mieriën Coppens
Etalonaxe: Lennert De Taeye
Edición de Son: Guillaume De bergeyck
Mestura: François Dumont
Con: Doulo Kandé, Bili Diarra, Mamadou Diallo Taslim

Estrea española

Tres homes traballan nunha obra. O traballo foi interrompido por cinco meses de encarceramento. A choiva cae de súpeto como o silencio que precede ao desaloxo.

ENTRADAS

A TUMBA DE KAFKA (Le Tombeau de Kafka)

Jean-Claude Rousseau, 14', 2022, France
Dirixido, filmado, editado e producido por Jean-Claude Rousseau

Estrea española

“Non necesitas saír da túa habitación. Queda sentado na túa mesa e escoita. Nin sequera escoites, simplemente espera. Nin sequera esperes, mantente calado, quieto e solitario. O mundo ofrecerase libremente a ti para que o desenmascares; non ten elección; rodará en éxtase aos teus pés”. F. Kafka.

ENTRADAS

POLICEFALIA EN RE (Polycephaly in D)

Michael Robinson, 23', 2021, USA
Dirixido, producido, escrito e editado por Michael Robinson
Deseño de son: Michael Robinson
Música: Evening Botany
Con: James Andrew

Estrea española

Polycephaly in D é unha investigación a modo de colaxe densa sobre a deriva existencial, o trauma colectivo e caída libre psicolóxica do momento presente. Saltando, caendo e atopando o teu novo eu nun terremoto; perdemos unha cabeza para que creza outra.

ENTRADAS

SILABARIO

Marine de Contes, 14', 2021, France
Escrito e dirixido por Marine de Contes basado nun poema de Miguel Ángel Feria
Fotografía: Gabriel Roman
Montaxe: Marine de Contes
Son: Etienne Haan, Jean Navarra
Edición de Son: Raphaël Mouterde
Mestura: Xavier Thibault
Música: Etienne Haan
Producido por l'atelier documentaire

Estrea galega

Unha illa, un poema, un soño.

Desaparición e reaparición dunha lingua asubiada, o Silbo

Silabario conta a historia da transmisión deste patrimonio milagroso da illa da  Gomera.

ENTRADAS