SEMINARIO A CRÍTICA FEMINISTA

Sempre hai alguén detrás da cámara: unha persoa que determina coa súa ollada a forma na que vemos o mundo. Esas persoas adoitan ser homes brancos heterosexuais, que levan séculos inscribindo a súa cosmovisión e o seu sistema de valores nas imaxes. Por iso, a ollada masculina é percibida como unha ollada neutra, malia que non tódalas persoas reparan nas mesmas cousas do mesmo xeito. Cómpre daquela aprender a ver tódolos mundos que hai neste, para así comprender mellor as imaxes e as persoas que nos rodean. É tempo, polo tanto, de facermos crítica feminista, o tema central desta quinta edición do seminario de crítica cinematográfica que A Cuarta Parede organiza en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui.

O seminario contará cunha parte teórica e outra práctica, na que as persoas inscritas deberán realizar un traballo escrito ou audiovisual sobre algunha das obras programadas no festival. É necesario asistir a tódalas sesións do seminario e realizar o traballo práctico para poder obter o correspondente certificado de participación.

 

# Programa

Sábado 28 de abril
Primeira Sesión Teórica, 10h – 11:30

“U-las críticas? Un panorama da crítica feminista”

Marta Pérez Pereiro

Un percorrido pola teoría da imaxe e polas prácticas críticas feministas no contexto internacional, dos setenta até a actualidade.

marta-perez

Marta Pérez Pereiro é profesora e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela, onde investiga sobre small cinemas, humor e narrativa audiovisual.

 

Segunda Sesión Teórica, 12h – 13:30

“Mujeres y crítica cinematográfica en el estado español”

Elena Oroz

Unha análise de distintos exemplos de crítica realizada por mulleres no contexto español a través dos que abordar o debate sobre a iniquidade de xénero na crítica cinematográfica a nivel estatal.

elena-oroz

Elena Oroz é crítica, programadora e profesora de cinema. Traballa como profesora asociada na Universidad Carlos III de Madrid, e foi a co-editora de libros como Lo personal es político. Feminismo y documental (2011) ou La risa oblicua. Tangentes, paralelismos e intersecciones entre documental y humor (2009).

 

Domingo 29 de abril

Obradoiro de Crítica Feminista, 11h-14h & 16:30-19:30

Marga Carnicé Mur

As dúas sesións deste obradoiro están encamiñadas á elaboración de críticas feministas sobre os filmes proxectados no festival, quer a través de textos escritos, quer a través de ensaios audiovisuais, que serán despois publicados na web www.acuartaparede.com.

marga-carnice

Marga Carnicé Mur é profesora, crítica cultural e investigadora en comunicación e xénero. Pertence ao ‘Col•lectiu d’Investigació en l’Estètica dels Mitjans Audiovisuals’ (CINEMA) da Universitat Pompeu Fabra (UPF) e dá aulas na Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya (ESCAC).

 

# Prazos e matrícula

A matrícula estará aberta até o venres 20 de abril. As persoas interesadas deben escribir un correo especificando o seu desexo de participar no seminario a info@acuartaparede.com. A seguir, recibirán os dados bancarios da conta na que deben realizar o pagamento da matrícula. É esencial realizar este pagamento antes do 20 de abril, para facer efectiva a matrícula no curso.

O prezo da inscrición é 30 euros, e inclúe unha acreditación que dá acceso a tódalas sesións e actividades do festival.