Cinema galego en constante evolución

Cinema galego en constante evolución

29 Abr 2022

Desde os seus comezos ata o de agora, Play-Doc  converteuse nun verdadeiro viveiro, plataforma e punto de encontro ineludible para varias xeracións de cineastas galegos.

Play-Doc ofrecerá unha ampla selección da produción máis recente, con 14 títulos de cineastas de recoñecido prestixio internacional e tamén de novos nomes, que demostra unha vez máis a riqueza, variedade e continua efervescencia do cinema galego actual.

Nesta selección películas poderemos gozar dos últimos traballos, en estrea oficial en Galicia, de Lois Patiño, O  sembrador de estrelas (2022), Diana Toucedo, Tatuado nos ollos levamos o pouso (2022), Carla Andrade, Ningún río protéxeme de min (2021), Andrés  Goteira,  Welcome to ma maison (2022), Lucía Estévez, O niño dos paxaros (2021), David Varela, Un ceo impasible (2021),  Nerea Barros, Memoria (2021) ou David Vázquez cn O último de Arganeo (2022).

Tamén se poderán ver as obras recentes de Oliver Laxe, O futuro é das cabras (2021),  Enar de Dios Liquid Ground (2021, Simone G. Saibene, Escribir o Imposible (2021). Así como as películas O que queda (2022) de Alejandro Rodríguez, e O ceo azul cunha soa nube (2021) de Fernando Areal, que será a primeira vez que se proxecten oficialmente, xa que elixiron Play-Doc para realizar as súas estreas mundiais.

Ademais, fóra de competición, Play-Doc abrirá a súa sesión inaugural coa película dirixida por Lois Patiño e Matías Piñeiro, Sycorax, tras a súa estrea mundial na pasada Quincena de Realizadores do Festival Internacional de Cinema de Cannes e que terá a estrea galega no festival de cinema de Tui.

Share

Facebook Twitter Pinterest