Play-Doc Live!

BAIUCA

23:00h SÁBADO 26 DE SETEMBRO / 14€

ENTRADAS

Pode unha caixa de ritmos danzar ao ritmo dunha muiñeira? Existen puntos comúns entre un aturuxo (un berro tradicional galego) e unha sesión de  clubbing? Poden os ritmos de antonte soar aos de pasadomañá? Hai espazo para que a música folclórica galega transcenda a territorios máis propios das vangardas musicais?

As Rías Baixas son o noso Amazonas. Así o deixa claro  BAIUCA, proxecto capitaneado por Alex Casanova onde consegue combinar o máis avanzado e vangardista da música electrónica e as raíces máis salvaxes e puras da súa Galicia natal.

Un diálogo entre a Galicia de antonte e a de pasadomañá. Iso é o que consegue proxectar a música de  BAIUCA, que utiliza  samples de instrumentación tradicional (cunchas, frautas, gaitas, pandeiretas,  ocarinas…), pero pasado polo filtro dunhas bases que se moven entre o  techno, o global bass ou as cavilacións da música house desde unha perspectiva tan exploradora e  xeosónica como accesible para a pista de baile. Unha mestura da sonoridade máis pura de proxectos como Luar na Lubre, Milladoiro, Carlos Núñez ou  Treixadura como da perspectiva  folktrónica de Nicola Cruz,  Four  Tet,  Satori ou  Nicolas  Jaar, por citar só algúns exemplos do vasto universo sonoro de  Baiuca.

No seu concerto, Alex Casanova estará acompañado por un show audiovisual a cargo do videoartista Adrián  Canoura, un dos novos talentos do cinema experimental galego, que proxectará imaxes con motivos galegos tomadas por el mesmo ou recuperadas de material de arquivo, utilizando en directo os seus sintetizadores de imaxe, logrando unha experiencia audiovisual única e irrepetible.

son-estrella-galicia

LAURA LAMONTAGNE & PICOAMPERIO

LAURA LAMONTAGNE & PICOAMPERIO

20:30h MÉRCORES 23 DE SETEMBRO / 7€

ENTRADAS

No seu primeiro proxecto xuntos, Laura  LaMontagne e PicoAmperio, abordan campos musicais diferentes que oscilan entre a tradición galego-portuguesa das “cantigas de amigo”, ritmos electrónicos e ambientes íntimos provocados pola evolución de superficies de  loops musicais. Poesía propia e adaptacións de Rosalía de Castro, Lorca, Pessoa, Martín  Codax; rabia e desasosego dunha viaxe  turbulenta como a vida. Mesturando a tradición e a realidade  maquinal e tecnolóxica para contar historias, simplemente, porque o necesitamos.

Un arco iris trufado de cores hip hop, abstracción ambient, folclore medieval, sensibilidade india e toda caligrafía musical que invoque camiños abertos cara á excitación do inaudito, sublimada por creacións audiovisuais de autoría propia onde o espírito valdelomariano acóllese á abstracción cibernética. Experimentación que atopou na caligrafía hip hop do  Dj e produtor PicoAmperio o terreo para armar pontes a latitudes musicais que conforman un labirinto de sensacións baixo a consigna “Elixe a túa propia aventura”.

son-estrella-galicia