Jiska Rickels estudou na ‘Dutch Filme and Television Academy’ en Amsterdam e na ‘Munich Film School’ de Alemaña. Traballou como axudante de dirección de Byambasuren Davaa e Luigi Falorni, polo documental nominado ao Oscar ‘The Story of the Weeping Kamel’ (2003) e ‘The Two Horses of Dschinghis Khan’ (2009). O seu traballo de graduación foi a curtametraxe documental ‘Untertage’, co que gañou numerosos premios internacionais, incluído o premio á mellor curta documental na primeira edición de Play-Doc. No ano 2007 Jiska Rickels gañou o título de ‘mellor directora do ano’ outorgado polo ‘Dutch Directors Guild’.
|