Con Audrius Stonys e Marta Andreu
Co gallo da celebración da súa quinta edición, o Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, pon en marcha co apoio da Axencia Audiovisual Galega, un particular seminario / obradoiro no que os habitantes de Tui serán os protagonistas. Baixo o título O Retrato Filmado, un pequeno número de realizadores retratarán a un número de habitantes de Tui e/ou arredores, mediante unha peza documental de curta duración que se proxectará durante o festival. Coma parte do exercicio os cineastas serán acollidos polas persoas a retratar e convivirán, durante uns días, xunto a eles nos seus fogares.
O obxectivo do obradoiro é crear un espazo de reflexión sobre a creación, que serva para entender como se constrúe a mirada cinematográfica, e a relación que se establece entre quen filma e quen é filmado. O resultado será un conxunto de retratos filmados, que conformarán unha sorte de retrato coral de Tui e os seus habitantes, que deste xeito poderán participar activamente no festival.
Coordinado polo multipremiado director lituano Audrius Stonys e Marta Andreu, produtora e coordinadora académica do Master de Creación Documental da UPF de Barcelona, o obradoiro/seminario O Retrato Filmado, levarase a cabo paralelamente ao festival.
Así mesmo e partindo do tema central do taller, Play-Doc organizará unha charla informal con Marta, Audrius e o resto de directores invitados que se queiran sumar. Será o venres 20 ás 17:30h no bar do festival. Por suposto ti tamén estás invitado a participar!
|